As entradas aparecen en orde alfabética e están resaltadas en negriña. A información que conteñen está estruturada da forma seguinte: - Entrada - Categoría gramatical - Definición - Sinónimos - Traducións Exemplo:
- As categorías gramaticais distínguense coas abreviaturas correspondentes (adx., v., etc.), excepto no caso dos substantivos, nos que aparece directamente o xénero: m. ou f. - Se as entradas teñen máis dunha acepción, márcanse con números, e proporciónase a tradución e os sinónimos correspondentes. - As remisións indícanse coa palabra ‘Véxase’. Por exemplo: forquilla f. Véxase: forquita.
Relación de Abreviaturas:
adv. adverbio adx. adxectivo Esp. español f. feminino Ing. inglés loc. locución m. masculino pl. plural Port. portugués Sin. sinónimo. v. i. e pr. verbo intransitivo e pronominal v. i. e tr. verbo intransitivo e transitivo v. i. verbo intransitivo v. pr. verbo pronominal v. tr. e pr. verbo transitivo e pronominal v. tr. verbo transitivo v. tr., i. e pr. verbo transitivo, intransitivo e pronominal
|