Interface Galego  Interfaz Español
 

Buscar por Voz
Buscar en todo el diccionario
Opciones avanzadas

 
Buscar la voz exacta
La voz contiene
Buscar en la voz y en las definiciones
Gallego Español Inglés Portugués

 


Volver <-

Traca 1. Cada unha das ringleiras de táboas ou de chapas de aceiro que, postas lonxitudinalmente de popa a proa, van formando o fondo, os costados e a cuberta do buque. Chámanse de diversas formas segundo a súa situación no buque: traca de aparadura, a que vai a continuación da quilla; tracas de fondo, as que lle seguen; traca de pantoque, a que vai no pantoque; tracas de forro, as que seguen polo costado cara arriba; traca de cinta, a última traca do forro e que chega á cuberta pegada ao trancanil, e que sería a primeira traca da cuberta. O resto das tracas son tracas de cuberta ata a cruxía.
Esp. traca
Ing. strake
Por. traquete
a b c d e f g h i k l m n o p q r s t u v x z

Axúdenos a mellorar o dicionario   Descargar o dicionario    Guía de uso    Sobre o Dicionario