Interface Galego Interfaz Español |
Tanque 1. En xeral, recinto do barco que serve para transportar ou almacenar líquidos que se levan como carga ou se empregan para servizos do buque, como tanques de combustible de fuel oil ou diésel oil, aceite de lubricación, auga doce para servizos do buque, auga salgada empregada normalmente como lastre, auga potable, augas de sentinas, lodos de aceite, tanque séptico para a descarga sanitaria, etc. Esp. tanque Ing. tank Por. tanque |
a | b | c | d | e | f | g | h | i | k | l | m | n | o | p | q | r | s | t | u | v | x | z |