![]() |
Interface Galego Interfaz Español |
Plataforma semisomerxible 1. Artefacto flotante que serve para perforar o fondo do mar e tamén para extraer petróleo cru ou gas, formado por unha estrutura plana que se apoia en columnas cilíndricas verticais, e estas sobre pontonas horizontais. Tanto as columnas como as pontonas levan tanques de lastre que se enchen de auga para aumentar o calado e colocar a plataforma en posición de traballo, e que se baleiran para trasladarse dun sitio para outro. Axúdanse de áncoras e de cables e cadeas para amarrarse ao fondo ou van provistas de potentes propulsores acimutais (empurradores ou "thrusters") que lle aseguran unha posición case fixa sobre o buraco que están perforando, mediante un sistema chamado de posicionamento dinámico. Esp. plataforma semisumergible Ing. semi-submersible platform Por. plataforma semi-submergível |
a | b | c | d | e | f | g | h | i | k | l | m | n | o | p | q | r | s | t | u | v | x | z |