![]() |
Interface Galego Interfaz Español |
Plataforma somerxible 1. Instalación de perforación e de extracción de cru ou gas no fondo do mar que consiste nunha estrutura con forma de barcaza, aínda que tamén as hai con forma parecida á das plataformas semisomerxibles, que para traballar enchen de auga os tanques de lastre para aumentar o seu calado ata que se apoian totalmente no fondo do mar para realizar o traballo de perforación e de extracción. Ao remataren, baleiran os tanques de lastre e son reflotadas para o seu traslado a outro sitio por remolque. Este tipo de plataformas poden traballar en augas cun máximo de profundidade de 15 a 20 metros. Esp. plataforma sumergible Ing. submersible platform Por. plataforma submergível |
a | b | c | d | e | f | g | h | i | k | l | m | n | o | p | q | r | s | t | u | v | x | z |