Interface Galego Interfaz Español |
Taller 1. Lugares do estaleiro onde se realiza a fabricación dos compoñentes do buque. Cada taller ou grupo de talleres soen ter unhas funcións específicas. Pódese falar de aceiros de forma xeral para definir o conxunto de talleres onde se fabrican as estruturas do buque. Tamén se chaman talleres de armadores. En concreto, hai talleres de elaborado onde se preparan os materiais do barco, como chapas, aceiros, etc.; taller de perfís; taller de previas; taller de soldadura; taller de prefabricado, que pode ser de bloques planos e curvos; taller de chapa fina; taller de tubos ou chumbeiros; taller de monturas e maquinaria; módulos para armamento anticipado; taller de armamento en xeral; taller de pintores; cabinas de chorreado e pintado, onde os bloques completos se chorrean con area ou granalla e se pintan; taller de modelos de fundición; taller de fundición, no caso de que se fagan fundicións no estaleiro; taller de carpinteiros de ribeira, para os barcos de madeira. Para os buques de fibra de vidro, hai talleres para fabricar os modelos dos buques e os moldes; e hai talleres tamén para as diferentes seccións completas do buque, como as cubertas, e o taller de ensamblaxe das diferentes partes. Esp. taller Ing. shop Por. talher, oficina |
a | b | c | d | e | f | g | h | i | k | l | m | n | o | p | q | r | s | t | u | v | x | z |