Interface Galego  Interfaz Español
 

Procurar por Voz
Procurar en todo o dicionario
Opcións avanzadas

 
Procurar a voz exacta
A voz contén
Procurar na voz e nas definicións
Galego Español Inglés Portugués

 


Voltar <-

Plataforma semisomerxible 1. Artefacto flotante que serve para perforar o fondo do mar e tamén para extraer petróleo cru ou gas, formado por unha estrutura plana que se apoia en columnas cilíndricas verticais, e estas sobre pontonas horizontais. Tanto as columnas como as pontonas levan tanques de lastre que se enchen de auga para aumentar o calado e colocar a plataforma en posición de traballo, e que se baleiran para trasladarse dun sitio para outro. Axúdanse de áncoras e de cables e cadeas para amarrarse ao fondo ou van provistas de potentes propulsores acimutais (empurradores ou "thrusters") que lle aseguran unha posición case fixa sobre o buraco que están perforando, mediante un sistema chamado de posicionamento dinámico.
Esp. plataforma semisumergible
Ing. semi-submersible platform
Por. plataforma semi-submergível
a b c d e f g h i k l m n o p q r s t u v x z

Axúdenos a mellorar o dicionario   Descargar o dicionario    Guía de uso    Sobre o Dicionario