![]() |
Interface Galego Interfaz Español |
Marca de perigo illado 1. A que se levanta sobre un perigo illado rodeado de augas navegables. Consiste nunha baliza de forma de castelete ou de espeque, preferiblemente, para evitar a confusión coas marcas laterais. A súa cor é negra e ten unha ou máis bandas horizontais vermellas, e no tope posúe dúas esferas negras superpostas. A fase de luz produce un grupo de dous escintileos de luz branca. Esp. marca de peligro aislado Ing. isolated danger mark Por. marca de perigo isolado |
a | b | c | d | e | f | g | h | i | k | l | m | n | o | p | q | r | s | t | u | v | x | z |