![]() |
Interface Galego Interfaz Español |
Momento flexor 1. Esforzo máis característico nos buques. Constitúe a flexión que ten que soportar o buque cando se somerxe co seu propio peso e o da carga que transporta, e é empurrado cara arriba polo empuxe que produce a parte somerxida, de acordo co teorema de Arquímedes. Se o barco vai mal cargado, por exemplo, se a carga se concentra na zona central, a popa e a proa se levantan e producen arrufe. En caso contrario, a popa e a proa baixan e se produce quebranto. Esp. momento flexor Ing. bending moment Por. momento flexor |
a | b | c | d | e | f | g | h | i | k | l | m | n | o | p | q | r | s | t | u | v | x | z |